Mostrando entradas con la etiqueta Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medio Ambiente. Mostrar todas las entradas

sábado, 29 de marzo de 2014

Saída ós muíños do Paseo Urbano do Río Gafos


Este xoves e venres os de 2º fixeron unha saída lixeira (unha marcha con algunhas paradas) para ver os restos dos muíños que temos no paseo urbano do río "Ghafos" de Pontevedra. Un deles é o "Muíño do Meco",  neste puidemos ver algunhas partes do muíño, os burato do inferno, o pé da moa e a moa. No segundo, o "Muíño do Coto", vimos tamén os tres buratos do inferno (onde ía o rodicio), a canle, o canleiro, a biqueira Aproveitamos para ver algunhas plantas e árbores que hai nas beiras do río, como por exemplo, "O amor de home", a "Primavera", "O trompeteiro" (flor do morcego), o xigante "Alciprés".... Paramos nunha carballeira e vimos unha casa dun morcego e algunha caixa niño de paxaros. Falamos das enchentes do río.

martes, 1 de octubre de 2013

Reducir, Reutilizar e Reciclar


Neste vídeo de YouTube podemos ver de forma práctica e amena a importancia do bo uso dos obxectos que temos arredor.

domingo, 26 de mayo de 2013

Caderno Verde

Caderno Verde é un proxecto desenvolvido por SOGAMA para a educación dun futuro sostíbel, entra e descubre boas prácticas que axuden a coidar da nosa contorna. 

Preme na icona para acceder aos cadernos.

Ideas para aforrar enerxía

E no capítulo 16 de Planeta Verde... concurso de ideas para aforrar enerxía!!

E ti, tes algunha outra?

lunes, 8 de abril de 2013

martes, 5 de marzo de 2013

Ecocosas

Sabes cantas cousas se poden facer cunha botella?
Preme na imaxe e descúbreo, hai moitísimas ideas!!!


domingo, 24 de febrero de 2013

O Bilibus do profesor Uxío

Nova entrega de Planeta Verde!
Neste capítulo 13, a familia Trebón inicia unha nova tempada de aventuras!
Lembrade que tamén podedes acceder ao video a través da web de SOGAMA.

lunes, 21 de enero de 2013

Separa para reciclar

Aquí tendes un video e un xogo publicado na web de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) para que aprendas a separar o lixo e a ser máis coidadoso co medio ambiente.

Por un futuro sostible!!!



lunes, 17 de diciembre de 2012

martes, 2 de octubre de 2012

Recicalandia

Esta quincena @s nen@s do primeiro nivel, na clase de Educación Física, imos viaxar a RECICALANDIA!!! 


Descubriremos a importancia das 3R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR. 

Se queredes practicar dentro da aula ou tamén na casa, aquí vos deixo estes tres carteis que podedes imprimir.

Animádevos!!!