miércoles, 31 de octubre de 2012
martes, 30 de octubre de 2012
Sistemas respiratorio e dixestivo
Na clase de Coñecemento estamos traballando sobre os sistemas respiratorio e dixestivo. Aquí tendes algúns recursos para practicar e repasar.
Premede nas imaxes!!
Vídeos...
Xogos...
Recursos Santillana
Aquí vos deixo esta web da editorial Santillana para practicar contidos de Lengua, Matemáticas, Ciencias e Inglés. Algunhas actividades precisan contrasinal, pero moitas non.
Espero que vos sirvan!
Normas de cortesía
Averigüa o teu nivel de cortesía con este xogo da Junta de Andalucía.
E lembra sempre que "a cortesía non priva a valentía".
lunes, 29 de octubre de 2012
Relatos terroríficos
Aquí tendes algúns dos mellores relatos terroríficos que fixeron os alumnos e alumnas de 2º A na media hora de lectura diaria.
Ides tremer co medo...
Ides tremer co medo...
Bodegóns de Outono
miércoles, 24 de octubre de 2012
O aparato circulatorio
Como prometín, aquí tendes o video que puxemos hoxe na clase.
Premede e aprendede sobre o aparato circulatorio e o corazón!!
martes, 23 de octubre de 2012
Actividades LIM sobre o Magosto e o Samaín
Comparto con tod@s vós estas actividades LIM sobre o Magosto e o Samaín para o primeiro ciclo, recompiladas polo EDL do centro.
Ide practicando que xa queda pouco!
-
-
miércoles, 17 de octubre de 2012
Videos sobre o corpo humano
Aquí tendes estes tres videos sobre o corpo humano, dos cales puxemos algún anaquiño na aula.
Premede e repasade o tema!
Premede e repasade o tema!
Recursos para o Samaín
Sitio web do CEIP Víctor Sáez, que conta cunha ampla recompilación de recursos sobre o Samaín para traballar nas aulas.
Preme na imaxe!
Hora de ler!
E hoxe nos leron Daniel e Juan de 2º A nos vinte minutos de lectura diaria.
O conto titúlase: Cal é a miña cor?
Escoitade e reflexionade...
Prepárate para o Samaín!
Achégase a data do Samaín, e para que non che colla de improviso aquí tes dúas páxinas webs con moitas manualidades interesantes para celebralo.
Pincha nas imaxes e verás!
lunes, 15 de octubre de 2012
Constrúe o teu propio esqueleto!
Se queredes construir un esqueleto móbil para aprender os ósos do corpo humano e tamén decorar a clase, aquí tendes estas tres imaxes descargables!
Espero que vos gusten!!
jueves, 11 de octubre de 2012
Wassily Kandinsky
Onte na aula de 2º A nos achegamos á biografía dun pintor ruso, considerado precursor da abstración: Wassily Kandinsky.
Kandinsky sufría un trastorno dos sentidos chamado sinestesia, que lle facía ver a través da música os colores e as formas que plasmou nas súas obras.
Aquí vos deixo unha presentación que resume as súas obras máis importantes.
Visita inesperada!
Esta semana recibimos unha visita moi especial ás aulas de segundo: a EDELMIRO.
Grazas a Edelmiro puidemos aprender algúns nomes dos ósos que forman o esqueleto, así como contar as costelas que temos ou tamén observar que o fémur é o óso máis longo do corpo.
Cantas cousas aprendemos!!
Grazas e ata a próxima!!!
lunes, 8 de octubre de 2012
Xogos matemáticos
Descubre esta páxina do C.E.I.P. San Rafael de Cádiz! Ten unha gran recopilación de xogos para aprender Matemáticas.
Quen dixo que as Mates non eran divertidas????
Quen dixo que as Mates non eran divertidas????
Hora de ler!
Hoxe foi a quenda de Lucía, Miguel Sierra e Fabiola nos vinte minuto de lectura diaria. Nos ofreceron un anaco do conto "As minas do Rei Chang Py Ñong" de Miquel Desclot.
jueves, 4 de octubre de 2012
Todos somos Pollock
Onte na clase de Plástica, en 2º A, nos achegamos a un dos maiores referentes do expresionismo abstracto, Jackson Pollock.
A algúns lles pareceu un estilo un pouco difícil de entender, pero realmente divertido!!!
Se queres practicar a facer un Pollock preme aquí e entra.
Viva o action painting!!!
Hora de ler!
Desta vez foi David de 2º A o que nos ofreceu un anaco da lectura: "Un saco de estrelas" de Fina Casalderrey.
martes, 2 de octubre de 2012
Recursos mil!!
Navegando pola rede atopei esta páxina que recolle moitísimos recursos para Primaria, así como outras webs e portais de interese.
Espero que vos sirvan!
Espero que vos sirvan!
Recicalandia
Esta quincena @s nen@s do primeiro nivel, na clase de Educación Física, imos viaxar a RECICALANDIA!!!
Descubriremos a importancia das 3R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR.
Se queredes practicar dentro da aula ou tamén na casa, aquí vos deixo estes tres carteis que podedes imprimir.
Animádevos!!!
Hora de ler!
Onte Carmen e Sofía de 2º A, nos ofreceron a lectura dun anaquiño do conto: "Que contan as ovellas para durmir" de Kiko da Silva.
Outro voluntari@?
Outro voluntari@?
lunes, 1 de octubre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)