jueves, 28 de febrero de 2013

Historia da Música

Aquí vos presentamos un video que recolle a Historia da Música occidental en soamente 7 minutos!
Dificil de crer, verdade?

martes, 26 de febrero de 2013

Xardín de Doras

Con este sinxelo xogo aprende a cultivar unha planta, lémbrate de escoller a semente axeitada no Libro Máxico! E non te esquezas nunca de regalas!

Máis xogos sobre as plantas


Real Xardín Botánico

Se aínda non visitaches un xardín botánico, aproveita a ocasión e preme nesta imaxe! Realizarás unha visita virtual no Real Xardín Botánico de Madrid!


O xardín do mago

Preme na imaxe e accederás a un xardín no que aprenderás moitas cousas sobre as plantas: como nacen e crecen, as partes en que se dividen, para que se utilizan... E convértete nun verdadeiro mago!


As plantas

Repasa os contidos traballados na aula con estas actividades interactivas!


domingo, 24 de febrero de 2013

sábado, 23 de febrero de 2013

As árbores do CEIP Camplongo

Aproveitando que estamos a traballar o tema das plantas en Coñecemento do medio, comparto con vós este xogo LIM sobre as árbores do cole.
Xa as coñeciades todas?

viernes, 22 de febrero de 2013

Yogote 1º D "Pombiñas"

Os alumnos e alumnas de 1º D participaremos no Proxecto "Poemas do Mundo", organizado pola rede de escolas UNESCO, con esta poesía sobre a Paz: "Pombiñas". Está representada con xestos de Yogote. Esperamos que vos guste!





Yogote 1º C "Os nenos do Mundo"

Os nenos e nenas de 1º C elaboramos esta poesía sobre a interculturalidade: "Os nenos do Mundo", que formará parte do Proxecto "Poemas do Mundo" programado pola rede de escolas UNESCO. Está representada con xestos de Yogote.





Yogote 1º B "Dar é recibir"

Os nenos e nenas de 1º B fixemos esta poesía sobre a fame no Mundo: "Dar é recibir". Empregamos os xestos de Yogote, e con ela participaremos no Proxecto "Poemas do Mundo" da rede de escolas UNESCO. 




Yogote 1º A "A Natureza"

Os nenos e nenas de 1º A creamos esta fermosa poesía sobre o coidado do medio ambiente: "A Natureza", e a representamos cos xestos de Yogote. Con ela participaremos no Proxecto "Poemas do Mundo", organizado pola UNESCO. Esperamos que vos guste!




jueves, 21 de febrero de 2013

Xogos do Mundo

Aquí tendes todos os traballos presentados en Educación Física polo alumnado de 1º na unidade "Xogos do Mundo".

viernes, 8 de febrero de 2013

BO ENTROIDO!




E enchédevos a filloas e ourellas!! 

As máscaras de 1º


As máscaras de 2º B e C


O Entroido en 2º A

Despois de coñecer en Plástica unha pequena biografía de Andy Warhol e traballar algunhas das súas obras,  fixemos uns antifaces de Sam, os  gatiños de Warhol!


O Entroido en 2º D

O Entroido en 1º D


martes, 5 de febrero de 2013

Actividades LIM sobre o Entroido

Comparto con vós unha recompilación realizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística de actividades LIM sobre o Antroido atopadas na rede. Tamén as podedes ver no seu blogue: ghafos.blogspot.com








-

lunes, 4 de febrero de 2013