
Este xoves e venres os de 2º fixeron unha saída lixeira (unha marcha con algunhas paradas) para ver os restos dos
muíños que temos no paseo urbano do río "Ghafos" de Pontevedra. Un deles é o
"Muíño do Meco", neste puidemos ver algunhas
partes do muíño, os
burato do inferno, o
pé da moa e a
moa. No segundo, o
"Muíño do Coto", vimos tamén os tres buratos do inferno (onde ía o rodicio), a canle, o canleiro, a biqueira Aproveitamos para ver algunhas plantas e árbores que hai nas beiras do río, como por exemplo, "
O amor de home", a "
Primavera", "
O trompeteiro" (flor do morcego), o xigante "Alciprés".... Paramos nunha carballeira e vimos unha
casa dun morcego e algunha
caixa niño de paxaros. Falamos das
enchentes do río.
No hay comentarios:
Publicar un comentario